Axudámosche coa decoración da túa vivenda en Sanxenxo

Axudámosche coa decoración da túa vivenda en Sanxenxo

Todos os deseños personalizados para a túa vivenda ou negocio

En Pinturas Rea ofrecemos servizos de decoración para calquera estancia, xa sexan vivendas, edificios ou naves. Os profesionais levamos a cabo traballos con pladur e escaiola en espazos interiores e construímos tabiques, mobles, falsos teitos desmontables, cornixas, molduras...

Outra parte importante da nosa actividade é a colocación do papel pintado, tendencia cada vez máis en todo tipo de estancias polas múltiples posibilidades que ofrece e a comodidade de cambialo se se deteriora. Ademais, levamos a cabo o lacado de todo tipo de mobles.

Pinturas Rea

Traballos de pladur e escaiola en Sanxenxo

Pinturas Rea dedicámonos a realizar todo tipo de traballos en pladur e escaiola. Entre outros servizos construímos con estes materiais tabiques, falsos teitos desmontables, arcos, molduras, mobles e andeis. Realizamos un proxecto a medida con deseños personalizados.

Os nosos proxectos teñen en conta as necesidades e os gustos de cada cliente para facilitar o seu día a día. Todos os produtos que utilizamos son de primeira calidade e destacamos os excelentes acabados.

En Rinturas Rea aconsellamos o mellor para a túa vivenda e achegamos solucións decorativas!

Expertos en papel pintado e lacado de mobles

A nosa actividade profesional inclúe a aplicación do papel pintado en todo tipo de superficies interiores. Está cada día máis de moda e nós somos especialistas na súa colocación. Os nosos profesionais garanten a instalación perfecta para que o traballo final mostre un aspecto impecable da estancia.

Entre as súas vantaxes temos que destacar a conservación do material, a fácil colocación e a súa baixo custo. Co papel pintado non se dana a parede e no caso de querer cambiar o aspecto da estancia pódese facer de forma cómoda e rápida, cambiándoo por outros tons ou debuxos. O catálogo de papel pintado é moi amplo, ao gusto do cliente.

Trátase da mellor solución para personalizar e embelecer cada espazo.

Entre outros servizos de Pinturas Rea destacamos:

  • Traballos de insonorización sen certificación.
  • Lacado de todo tipo de mobles, portas e armarios para darlles unha imaxe diferente e renovada.
Pinturas Rea

Confía nos nosos profesionais para decorar a túa vivenda ou negocio en Sanxenxo

Se queres solicitar algún dos nosos traballos de decoración, xa sexa de papel pintado, arcos, mobles... Non dubides en poñerte en contacto connosco. Facilitarémosche un orzamento sen compromiso.

Contactar

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.