Sistema SATE en Sanxenxo

Instalación de sistemas SATE en Sanxenxo para o teu fogar

Encargámonos de mellorar a túa vivenda grazas ás fachadas SATE

Na nosa empresa, Pinturas Rea, non só ofrecemos servizos de pintura de fachadas, locais comerciais ou vivendas, senón que ademais tamén contamos cos coñecementos necesarios para levar a cabo a instalación de sistemas SATE en Sanxenxo.

SATE son as siglas para Sistema de Illamento Térmico polo Exterior. Os nosos profesionais dispoñen dunha ampla experiencia realizando este tipo de illamentos exteriores en Sanxenxo, polo que podemos instalar este sistema en vivendas unifamiliares, en edificios, comunidades de veciños... É recomendable para alcanzar o máximo confort no teu fogar. Se tes dúbidas, sempre podes contactar co noso equipo especializado en asilar fachadas en Sanxenxo, responderemos todas as túas preguntas sen problema.

Ademais, se o desexa podemos ofrecerche un orzamento sen compromiso. Chámanos xa!

Coñeces todas as vantaxes do sistema SATE?

Cando recomendamos aos nosos clientes que soliciten o noso servizo de illamento de fachadas en Sanxenxo, facémolo porque o sistema SATE presenta un alto número de vantaxes. Este tipo de revestimentos son a mellor opción para protexer a fachada dunha vivenda, e algúns dos beneficios que nos achega son:

Gran aforro na factura enerxética

Grazas á instalación dos nosos sistemas SATE en Sanxenxo o que conseguimos é evitar a transmisión da temperatura exterior ao interior, polo que podemos gozar dun maior confort térmico no noso fogar. Iso tradúcese nun gran aforro nas nosas facturas enerxéticas, pois non estaremos tan atados á calefacción no inverno ou ao aire acondicionado no verán.

Redución de emisións ao medio ambiente

Cando falamos de que os sistemas SATE axudan a reducir o gasto das facturas, non só falamos dunha vantaxe para a persoa que o contrata. Ao gastar menos en sistemas de climatización, o que facemos é reducir o nivel de emisións prexudiciais que emitimos ao medio ambiente. Nós podemos encargarnos de instalar este illamento térmico exterior en Sanxenxo.

Aumento da durabilidade do edificio

Hoxe en día calquera aspecto que revalorice unha vivenda, é benvido. As nosas fachadas SATE en Sanxenxo son perfectas para alongar a vida útil e a durabilidade o edificio no que se aplique, pois este sistema protexe os muros exteriores e evita posibles danos creados polas inclemencias do tempo. Ademais, como mencionamos, os sistemas SATE son un valor engadido nas vivendas.

Consegue o mellor illamento exterior para fachadas en Sanxenxo

Os nosos traballos de illamento de fachadas en Sanxenxo presentan un resultado final impecable, grazas a nosa ampla experiencia instalando este tipo de revestimentos. O sistema SATE é un sistema que consiste en colocar paneis illantes nos muros exteriores do edificio, sempre revisando primeiro que ditas paredes non presenten ningún dano.

Aplicamos as capas necesarias de illante e mallas de reforzo de forma que nos aseguramos que a fachada non sufrirá por axentes externos. Grazas aos nosos sistemas SATE en Sanxenxo conseguimos illar tanto a temperatura como o son que hai no exterior, para que non se coe cara ao interior da vivenda. Isto tradúcese nun gran illamento tanto térmico como acústico.

Se queres contratar os nosos servizos para illar a túa casa por fóra en Sanxenxo, contacta con Pinturas Rea!

Que procedemento seguimos para aplicar o illamento SATE?

Animarse a colocar o illamento de fachadas con sistema SATE en Sanxenxo é un gran paso á hora de coidar unha vivenda, pois este sistema achega un gran número de vantaxes á fachada da casa. En Pinturas Rea contamos cunha técnica moi puída grazas a todos os nosos anos de experiencia, polo que o noso método de traballo é rápido e eficiente. Se queres gozar dun illamento exterior en fachadas en Sanxenxo, entón nós somos a túa mellor opción.

Os pasos que seguimos á hora de instalar sistemas SATE en Sanxenxo, son os seguintes:

  • Análise e diagnóstico previo da fachada
  • Preparación da zona cun hidrolavado
  • Aplicación do sistema SATE
Illar fachada en Sanxenxo Illamento exterior en Sanxenxo
Fachadas SATE en Sanxenxo

Se queres illar a túa casa por fóra en Sanxenxo, ofrecémosche a mellor alternativa

Se estás a buscar unha empresa especializada en instalar fachadas SATE en Sanxenxo, entón segue lendo. Os profesionais que formamos Pinturas Rea contamos cunha ampla experiencia dentro do sector do illamento exterior, polo que che aseguramos un traballo ben feito. Ademais, ofrecemos asesoramento personalizado e realizámosche un orzamento sen compromiso e adaptado ás túas necesidades. Por suposto, no caso de que sexa necesario o noso servizo de instalación de sistemas SATE en Sanxenxo conta con garantía para asegurar a tranquilidade dos nosos clientes.

Opta polo sistema SATE para a túa fachada en Sanxenxo!

Se queres que resolvemos calquera dúbida que che xurdira, ou desexas solicitar un orzamento personalizado, nós ofrecémoscho sen ningún tipo de compromiso. Ponte en contacto con Pinturas Rea, estamos aquí para o que necesites!

Solicita o teu orzamento

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.